Ola! Somos o Xurelo Manolo e a Sardiña Albertiña, e formamos parte de ACERGA.

ACERGA ven de desenvolver un caderno, un vídeo e diferentes actividades e xogos para que os nenos e nenas traballedes na aula e nos coñezades un pouco máis a nós e a ACERGA, a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia.

Nós seremos os teus guías nesta viaxe, acompáñanos!

Imos comezar por contarche que é o cerco, e para iso preparamos o seguinte vídeo animado.

Parabéns! Xa sabes un pouco máis sobre ACERGA e o cerco.

Para continuar esta viaxe de aprendizaxese podes descargar o noso caderno de aventuras ou visualizalo online. Nel atoparás moita información interesante e unha chea de retos e xogos para divertirte.

 

Parabéns! Xa sabes un pouco máis sobre ACERGA e o cerco.

Para continuar esta viaxe de aprendizaxese podes descargar o noso caderno de aventuras ou visualizalo online. Nel atoparás moita información interesante e unha chea de retos e xogos para divertirte.

 

Tes ata o 31 de maio para enviarnos o teu debuxo!

Tes ata o 31 de maio para enviarnos o teu debuxo!

CERCA O TEU PEIXE

“Cerca o teu peixe onde poderás capturar un lote de xardas mentres esquivas candorcas e golfiños. 

Para xogar so precisas dun computador. Fai click en “comezar” e poderás capturar todos os peixes que queiras. Para xogar mellor, pon o videoxogo a pantalla completa.

As xardas grandes valen 100 puntos, as pequenas 50 e se capturas golfiños ou candorcas restaranche puntos.

Para mover o barco de dereita a esquerda emprega as frechas do teclado e para capturar pulsa a barra espaciadora, cando xa teñas o peixe, deixa de pulsala e sumaránse os puntos no contador.

O CERCO TRIVIAL

“O Cerco trivial xoga coa tua clase e pon en práctica todo o que aprendiches dunha forma moi divertida.

Con este xogo de preguntas demostrarás os teus coñecementos sobre o Cerco e ACERGA.

Para xogar so debes pulsar en “start quiz”.  Selecciona a resposta que crees que é correcta, sairá se a túa resposta foi correcta en cor verde, e se foi errónea, en cor vermella. Para ir á seguinte pregunta, pulsa next.

 

Xoga co cerco trivial

Xoga co cerco trivial

Documental “O Cerco, un xeito de vida”

Se queres coñecer máis sobre este xeito de vida sostible e fermoso, podes ver o noso documental. Nel grandes profesionais do mar vinculados a ACERGA contan as súas vivencias. Anímate e coñéceos!

Esta iniciativa desenvólvese dentro do Plan de Produción e Comercialización de ACERGA na anualidade 2021, cofinanciado polo FEMP e a Xunta de Galicia.