ATRIBUCIÓNS
- Efectuar a planificación e os preparativos para render viaxe con eficacia e seguridade.
- Manobrar o buque en zonas portuarias con seguridade para realizar a viaxe planificada.
- Controlar a derrota planificada e segura do buque.
- Realizar a garda asignada conforme aos protocolos establecidos.
- Manter comunicacións e obter a información necesaria por medio do sistema mundial de socorro e seguridade marítimos SMSSM / GMDSS, utilizando o inglés marítimo nas situacións que o requiran.
- Establecer a distribución e trincado de pesos a bordo para efectuar unha navegación segura.
- Facer fronte ás emerxencias marítimas a bordo activando os plans de emerxencia.
- Verificar e manter os equipos de pesca para realizar as capturas con seguridade e optimizar o rendemento.
- Controlar e realizar operacións de procesado das capturas no parque de pesca cumprindo a normativa hixiénico-sanitaria.
- Controlar os parámetros de funcionamento, regulación e control dos equipos propulsores, equipos auxiliares e automatismos da embarcación para detectar posibles disfuncións.
REQUISITOS PARA O EMBARQUE
- Estar en posesión da titulación oficial: “Patrón de litoral, Patrón Costeiro Polivalente ou Patrón Local de pesca”
-
Dispoñer do documento oficial: “LIBRETA MARÍTIMA”
É un documento aceptado internacionalmente (DNI do mariño) e serve para levar un rexistro de embarques e desembarques do titular. Xestiona a Capitanía Marítima ou nos Servizos Centrais da Dirección Xeral da Mariña Mercante.
-
El certificado de formación básica en seguridade marítima.
FORMACIÓN BÁSICA EN SEGURIDADE MARÍTIMA.
Obrigatorio para todo o persoal que forma parte da tripulación do buque e que exerza funcións profesionais marítimas. Proporciona nocións básicas de seguridade para poder previr e afrontar situacións de perigo que se poden xerar a bordo do buque.
-
Certificado de Especialidade en Formación Sanitaria Específica Inicial
Obrigatorio para todos os oficiais encargados da garda en cámara de máquinas, e aos Capitáns, Patróns e Oficiais que haxan de encargarse da garda de navegación en embarcacións obrigadas a levar a Caixa de primeiros auxilios C.
-
Certificado de especialidade en Embarcacións de Supervivencia e botes de rescate non rápidos
Obrigatorio para Capitáns e oficiais de ponte e máquinas de barcos pesqueiros maiores de 20 metros de eslora.