O Cerco, un xeito de vida nas escolas, 2022

Ola! Somos o Xurelo Manolo, a Xarda Carmiña e a Sardiña Albertiña, e formamos parte da a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA)

ACERGA, coa nosa axuda, desenvolveu  un caderno de aventuras, vídeos para aprender e desfrutar e xogos para que os nenos e nenas traballedes na aula e nos coñezades un pouco máis.

Non te preocupes, nos seremos os teus guías nesta viaxe, acompáñanos!

Imos comezar por contarche que é o cerco, e para iso preparamos o seguinte vídeo animado.

Parabéns! Xa sabes un pouco máis sobre ACERGA e o cerco.

Para continuar esta viaxe de aprendizaxese podes descargar o noso caderno de aventuras ou visualizalo online. Nel atoparás moita información interesante e unha chea de retos e xogos para divertirte.

Divertixoga con nós!

Puxemos todos os nosos coñecementos gamers para facer estos xogos tan divertidos.

“Cerca o teu peixe” un xogo no que poderás capturar un lote de xardas mentres esquivas candorcas e golfiños.

“O Cerco trivial” con este xogo de preguntas demostrarás ós teus coñecementos sobre o cerco e ACERGA, fai equipos e xoga coa tua clase. Demóstranos todo o que aprendiches!

Cerca o teu peixe

Para xogar so precisas dun computador. Fai click en “comezar”.

As xardas grandes valen 100 puntos, as pequenas 50 e se capturas golfiños ou candorcas restaranche puntos.

Para mover o barco de dereita a esquerda emprega as frechas do teclado, para capturar peixe, pulsa a barra espaciadora, cando o collas, deixa de pulsala e sumaránse os puntos no contador.

O Cerco trivial

Para xogar so debes pulsar en “start quiz”.  Selecciona a resposta que crees que é correcta, sairá se a túa resposta foi correcta en cor verde, e se foi errónea, en cor vermella. Para ir á seguinte pregunta, pulsa next.

O cerco un xeito de vida trivial

Divertixoga con este trivial que preparon o Xurelo Manolo, a Xarda Carmiña e a Sardiña Albertiña

O cerco un xeito de vida trivial

Divertixoga con este trivial que preparon o Xurelo Manolo, a Xarda Carmiña e a Sardiña Albertiña

Concurso de debuxo “O Cerco, un xeito de vida”

Coñece aos gañadores do concurso de debuxo 2022 de cada unha das escolas participantes na campaña!

Lucas Guzierowicz Tajes do CEIP Plurilingüe Ponte do Proto foi o gañador de entre todos os centros participantes, pasando a formar parte da nosa felicitación de nadal 2022.

CEIP JOAQUÍN RODRIGUEZ OTERO

Sabela Couto Baamonde – 6º primaria

CEIP O AREAL

Manal Gep – 6º primaria

CEIP PLURILINGÜE PONTE DO PORTO

Lucas Guzierowicz Tajes – 6º primaria

CEIP DOUTOR FLEMING

Martina Torices

CEIP ALTAMAR

Lucía Gómez Abalde – 4º de primaria

Documental “O Cerco, un xeito de vida”

Se queres coñecer máis sobre este xeito de vida sostible e fermoso, podes ver o noso documental. Nel grandes profesionais do mar vinculados a ACERGA contan as súas vivencias. Anímate e coñéceos!

Edición 2020

Co obxectivo de promocionar e divulgar as actividades desenvolvidas pola organización, a importancia do cerco para o sector e a tradición pesqueira de Galicia, a actividade pesqueira sostible que desenvolven os asociados, e a posta en valor do traballo e do estilo de vida, así como das especies capturadas, ACERGA desenvolveu, como parte do seu Plan de Produción e Comercialización 2020, a súa campaña de promoción «Ou Cerco, un xeito de vida».

Ver más

Edición 2021

ACERGA crea unha nova personaxe, o Xurelo Manolo, quen acompañará a Albertiña nas súas aventuras nun novo caderno de aventuras, un vídeo e diferentes actividades e xogos para que os nenos e nenas traballen na aula e coñezan un pouco máis a ACERGA e a arte do cerco. 

Ver máis

Esta iniciativa desenvólvese dentro do Plan de Produción e Comercialización de ACERGA na anualidade 2022, cofinanciado polo FEMP e a Xunta de Galicia.