O Cerco, un xeito de vida nas escolas.
O Xurelo Manolo, a Sardiña Albertiña, a Xarda Carmiña e a Xoubiña Patricia, damosche a benvida un ano máis a nosa campaña. A través nosa, ACERGA leva ás escolas a súa actividade, o arte do cerco e as especies que captura.
UN DÍA NO CERCO: COME, APRENDE E DIVÍRTETE é o lema desta 5ª edición na que se incorpora unha nova compañeira ao noso cardume, a anchoa Inesiña.
Ola! Son a anchoa Inesiña
As anchoas que estamos en ACERGA estamos certificadas co selo azul MSC-Marine Stewardship Council desde o 2020. A asociación de armadores de cerco de Galicia (ACERGA) ten un firme compromiso coa nosa sustentabilidade. O selo MSC fai que teñamos unha mellor calidade e unha boa xestión de toda a nosa pesqueira.
Queres saber máis? Preme nesta ligazón: https://www.msc.org/es
ACERGA, coa nosa axuda, deseñou unha unidade didáctica na que atoparás moita información interesante e unha chea de retos e xogos para divertirte. Ademáis de coñecer o seu xeito de vida, coñecerás as diferentes especies da pesca do cerco, aprenderás qué fai cada quen no barco ou o bo e rico que é comer o noso peixe.
Podes descargala aquí:
Ademais podes comprobar os coñecementos adquiridos a través deste par de xogos on line:
Divertixoga con nós!
Ola! Eu son a xoubiña Patricia, e estou encantada de presentarche os xogos tan divertidos que fixeron en ACERGA para tí.
“Cerca o teu peixe” un xogo no que poderás capturar un lote de xardas mentres esquivas candorcas e golfiños.
“O Cerco trivial” con este xogo de preguntas demostrarás ós teus coñecementos sobre o cerco e ACERGA, fai equipos e xoga coa tua clase. Demóstranos todo o que aprendiches!
Cerca o teu peixe
Para xogar so precisas dun computador. Fai click en “comezar”.
As xardas grandes valen 100 puntos, as pequenas 50 e se capturas golfiños ou candorcas restaranche puntos.
Para mover o barco de dereita a esquerda emprega as frechas do teclado, para capturar peixe, pulsa a barra espaciadora, cando o collas, deixa de pulsala e sumaránse os puntos no contador.
O Cerco trivial
Para xogar so debes pulsar en “start quiz”. Selecciona a resposta que crees que é correcta, sairá se a túa resposta foi correcta en cor verde, e se foi errónea, en cor vermella. Para ir á seguinte pregunta, pulsa next.
O cerco un xeito de vida trivial
Divertixoga con este trivial que preparon o Xurelo Manolo, a Xarda Carmiña e a Sardiña Albertiña
O cerco un xeito de vida trivial
Divertixoga con este trivial que preparon o Xurelo Manolo, a Xarda Carmiña e a Sardiña Albertiña
Documental “O Cerco, un xeito de vida”
Se queres coñecer máis sobre este xeito de vida sostible e fermoso, podes ver o noso documental. Nel grandes profesionais do mar vinculados a ACERGA contan as súas vivencias. Anímate e coñéceos!
O Cerco, un xeito de vida, outras edicións:
Edición 2020
Co obxectivo de promocionar e divulgar as actividades desenvolvidas pola organización, a importancia do cerco para o sector e a tradición pesqueira de Galicia, a actividade pesqueira sostible que desenvolven os asociados, e a posta en valor do traballo e do estilo de vida, así como das especies capturadas, ACERGA desenvolveu, como parte do seu Plan de Produción e Comercialización 2020, a súa campaña de promoción «Ou Cerco, un xeito de vida».
Edición 2021
ACERGA crea unha nova personaxe, o Xurelo Manolo, quen acompañará a Albertiña nas súas aventuras nun novo caderno de aventuras, un vídeo e diferentes actividades e xogos para que os nenos e nenas traballen na aula e coñezan un pouco máis a ACERGA e a arte do cerco.
Edición 2022
ACERGA crea unha nova personaxe, a Xoubiña Patricia, quen acompaña os seus compañeiros acuáticos nun novo caderno de aventuras e diferentes actividades con xogos para que os nenos e nenas traballen na aula e coñezan un pouco máis a ACERGA e a arte do cerco.
Edición 2023
ACERGA desenvolveu unha unidade didáctica chea de desafíos cos que aprender e desfrutar, para que os nenos e nenas traballen na aula. Deste xeito, ver o bo e rico que é comer peixe, ademáis de coñecer o oficio do cerco, que é o noso xeito de vida.