ATRIBUCIÓNS

Manexar con fins comerciais embarcacións:

  • De menos de 10 metros de eslora, dedicadas á pesca (lista 3º) ou auxiliar de acuicultura (lista 4º), Que operen exclusivamente dentro das augas interiores dos portos.
  • Teñan unha potencia adecuada á embarcación.
  • Sempre que non transporten pasaxeiros.
  • Para exercer o mando deberá realizar un período de embarque non inferior a 6 meses como mariñeiro, en buques de pesca ou auxiliares de acuicultura, desde a data de expedición do título profesional de mariñeiro pescador.
  • Exercer como mariñeiro en buques de pesca.

    REQUISITOS PARA O EMBARQUE

    • Estar en posesión do “título de mariñeiro pescador”.
    • Dispoñer do documento oficial: “LIBRETA MARÍTIMA

      É un documento aceptado internacionalmente (DNI do mariño) e serve para levar un rexistro de embarques e desembarques do titular. Xestiona a Capitanía Marítima ou nos Servizos Centrais da Dirección Xeral da Mariña Mercante. Máis información

    • Certificado médico de aptitude. RECOÑECEMENTO MÉDICO DE EMBARQUE. Todos os tripulantes de buques de pesca españois, para embarcar, deben acharse en posesión do certificado médico de aptitude en vigor, expedido polo Instituto Social da Mariña.

      Solicitude: nacionalidade española + libreta marítima + curso de formación básica

      Máis información

    • El certificado de formación básica en seguridade marítima.FORMACIÓN BÁSICA EN SEGURIDADE MARÍTIMA.

      Obrigatorio para todo o persoal que forma parte da tripulación do buque e que exerza funcións profesionais marítimas. Proporciona nocións básicas de seguridade para poder previr e afrontar situacións de perigo que se poden xerar a bordo do buque.

      Máis información