ATRIBUCIÓNS

  • Preparar a planta propulsora do buque, máquinas e sistemas auxiliares para o arranque e funcionamento en condicións de seguridade, seguindo procedementos establecidos.
  • Controlar o funcionamento da planta propulsora do buque e dos motores auxiliares durante as manobras.
  • Exercer a responsabilidade como oficial de garda na máquina, tanto na mar como en porto, de acordo cos Códigos do STCW e  STCW- f.
  • Cumprir os plans de mantemento preventivo das máquinas e equipos da planta propulsora.
  • Diagnosticar e reparar, ao seu nivel, as avarías e disfuncións das máquinas e equipos da planta propulsora, cuberta e parque de pesca.
  • Verificar e manter os sistemas automáticos de regulación e control instalados no buque.
  • Manter operativos os sistemas eléctricos do buque.
  • Manter operativa a planta frigorífica e o sistema de climatización do buque.
  • Manter elementos de máquinas e da estrutura do buque á boia e en seco.
  • Facer fronte ás emerxencias marítimas a bordo activando os plans de emerxencia.
  • Asistir a enfermos e accidentados a bordo de acordo cos protocolos de actuación establecidos.

    REQUISITOS PARA O EMBARQUE

    •  Estar en posesión dá titulación oficial: “CM   Mantemento e control de maquinaria de buques e  embarcacións  ou   CS Organización  do  mantemento de maquinaria de buques e  embarcacións”.
    • Dispoñer do documento oficial: “LIBRETA MARÍTIMA” É un documento aceptado internacionalmente (DNI do mariño) e serve para levar un rexistro de embarques e desembarques do titular. Xestiona a Capitanía Marítima ou nos Servizos Centrais da Dirección Xeral da Mariña Mercante.Máis información
    • Certificado médico de aptitude. RECOÑECEMENTO MÉDICO DE EMBARQUE. Todos os tripulantes de buques de pesca españois, para embarcar, deben acharse en posesión do certificado médico de aptitude en vigor, expedido polo Instituto Social da Mariña.Solicitude: nacionalidade española + libreta marítima + curso de formación básica

      Máis información

    • El certificado de formación básica en seguridade marítima. FORMACIÓN BÁSICA EN SEGURIDADE MARÍTIMA.Obrigatorio para todo o persoal que forma parte da tripulación do buque e que exerza funcións profesionais marítimas. Proporciona nocións básicas de seguridade para poder previr e afrontar situacións de perigo que se poden xerar a bordo do buque.

      Máis información

    • Certificado de Especialidade en Formación Sanitaria Específica Inicial Obrigatorio para todos os oficiais encargados da garda en cámara de máquinas, e aos Capitáns, Patróns e Oficiais que haxan de encargarse da garda de navegación en embarcacións obrigadas a levar a Caixa de primeiros auxilios  C.Máis información